Unha vez culminada a Fase I de actualización da Guía sobre contratación pública e competencia, a CNMC está centrada na Fase II da actualización da citada Guía.

Nesta fase analizará, dende a perspectiva da promoción da competencia, a utilización das figuras coma os convenios e  os encargos a medios propios, en canto alternativas os procesos de aprovisionamento de bens e servizos que poidan distorsionar a competencia efetiva

A Sección 003 da Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou a Resolución  R 3/2019, do 27 de xuño, Licitación servizo de salvamento e socorrismo pronunciada pola Comisión Galega da Competencia ( CGC) ao desestimar tres  recursos contenciosos acumulados presentados contra a mesma.

 

O Pleno da Comisión Galega da Competencia, (CGC)  dita Resolución en relación co expediente VATC5/2016 ARQUITECTOS DE GALICIA, cuxo obxeto é a vixilancia da Resolución 9/2019, ARQUITECTOS DE GALICIA

A CGC incoa expediente sancionador contra duas empresas suministradoras da USC e os seus respectivos administradores únicos

A Comisión Galega da Competencia incoa expediente sancionador ás empresas que participaron nunha licitación de contratación, mediante procedemento negociado sen publicidade, para adquisición dun equipo para a realización de unións finger-joint para madeira estrutural e equipos auxiliares con destino ao Laboratorio da Plataforma de Enxeñaría de Madeira Estrutural (PEMADE). Expediente 2019/CSUA1/000010 da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2021.

A Comisión Galega da Competencia incoa expediente sancionador pola posible existencia dunha conduta colusoria, pola presunta práctica prohibida pola Lei 15/2007, do 3 de xullo, de Defensa da Competencia (LDC), por parte das mercantís TANATORIO DE POIO, SL. e SEPELIOS SAN MARCOS, SL.

Santiago de Compostela, 03 de febreiro de 2021.

A CGC incoou expediente sancionador contra varias navieras pola presunta realización de prácticas anticompetitivas prohibidas consistentes nafixación de prezos dos billetes desde o porto de Vigo ata as illas Cíes dos viaxeiros adultos en tempada alta.

A Comisión Galega da Competencia (CGC) é un órgano colexiado independente encargado da aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia (LDC). Entre as funcións da CGC, de acordo co artigo 26 2 g) do Decreto 118/2016, do 4 de agosto, atópase a de vixiar o   funcionamento competitivo  dos  mercados  para  garantir os niveis de competencia efectiva nos mesmos en beneficio das persoas consumidoras e usuarias de Galicia.

O Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, establece na súa Disposición Adicional 3ª a suspensión de termos e a interrupción de prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público.

“1. Suspéndense  termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reanudarase no momento en que perda vixencia o presente Real Decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.

A Subdirección de Investigación da Comisión Galega da Competencia, integrada no Instituto Galego de Consumo e da Competencia incoou expediente sancionador contra as empresas MURALLA BUS S.L., AUTOCARES DARRIBA, S.L.