A Comisión Galega da Competencia (CGC) é un órgano colexiado independente encargado da aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia (LDC). Entre as funcións da CGC, de acordo co artigo 26 2 g) do Decreto 118/2016, do 4 de agosto, atópase a de vixiar o   funcionamento competitivo  dos  mercados  para  garantir os niveis de competencia efectiva nos mesmos en beneficio das persoas consumidoras e usuarias de Galicia.

O Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, establece na súa Disposición Adicional 3ª a suspensión de termos e a interrupción de prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público.

“1. Suspéndense  termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reanudarase no momento en que perda vixencia o presente Real Decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.

A Subdirección de Investigación da Comisión Galega da Competencia, integrada no Instituto Galego de Consumo e da Competencia incoou expediente sancionador contra as empresas MURALLA BUS S.L., AUTOCARES DARRIBA, S.L.

A Subdirección de Investigación da Comisión Galega da Competencia, integrada no Instituto Galego de Consumo e da Competencia incoou expediente sancionador contra a empresa Top Rescue, SL e a Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA), pola presunta realización de prácticas prohibidas pola Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia, en relación á licitación pública do “servizo de salvamento, socorrismo, vixilancia, primeiros auxilios e transporte sanitario por estrada nas praias da Coruña”, tramitado polo Concello da Coruña.

A Subdirección de Investigación da Comisión Galega da Competencia, integrada no Instituto Galego de Consumo e da Competencia incoou expediente sancionador contra Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), pola presunta realización de prácticas prohibidas pola Lei 15/2007, de 3 de xullo, de defensa da competencia. A práctica cuestionada desde a perspectiva da competencia é a de manter a disposición dos colexiados un baremo de honorarios.

A Subdirección de Investigación da Comisión Galega da Competencia, integrada no Instituto Galego de Consumo e da Competencia incoou expediente sancionador contra a empresa ARRIVA NOROESTE, SL pola presunta realización de prácticas prohibidas pola Lei 15/2007, de 3 de xullo, de defensa da competencia.