A Subdirección de Investigación da Comisión Galega da Competencia, integrada no Instituto Galego de Consumo e da Competencia incoou expediente sancionador contra a empresa Top Rescue, SL e a Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA), pola presunta realización de prácticas prohibidas pola Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia, en relación á licitación pública do “servizo de salvamento, socorrismo, vixilancia, primeiros auxilios e transporte sanitario por estrada nas praias da Coruña”, tramitado polo Concello da Coruña.

O presente expediente ten a súa orixe na comunicación remitida polo Concello da Coruña, ao amparo do disposto na Disposición Adicional Vixésimo Terceira do Real Decreto Lexislativo 2/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, cuxo contido se correspondecoa previsión recollida noartigo 23.3 da Lei 14/2013, do 26 de setembro, de racionalización do sector público autonómico, ao apreciar indiciosdunhaposible colusión.

A incoación do presente expediente non prexulga o resultado final da investigación. Ábrese agora un período máximo de 18 meses para a instrución do expediente e para a súa resolución pola Comisión Galega da Competencia.