A Comisión Galega da Competencia, como órgano colexiado independente, adscrito ao Instituto Galego do Consumo e da Competencia, será a encargada, de acordo coa norma reguladora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, dos seus estatutos e demais normativa, da aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia da Lei 15/2007, de 3 de xullo, de defensa da competencia, segundo os criterios establecidos pola Lei 1/2002, de coordinación de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas en materia de defensa da competencia.

Na consecución destes fins, a Comisión desempeña a función de instruír e sancionar as conductas empresariais prohibidas polos artigos 1, 2 e 3 da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia (LDC) e que teñan efectos unicamente na Comunidade Autónoma de Galicia.

En particular, correspóndelle a instrucción e a resolución dos procedementos que se tramiten sobre condutas relativas a:

  1. Acordos, decisións ou recomendacións colectivas, ou prácticas concertadas ou conscientemente paralelas, prohibidas no artigo 1º da LDC.
  2. Conductas de explotación abusiva por unha ou varias empresas da súa posición de dominio no mercado, prohibidas polo artigo 2º da LDC.
  3. Actos de competencia desleal que por falsearen a libre competencia afecten o interese público, prohibidos polo artigo 3º da LDC.

Asemade, a Comisión Galega da Competencia exerce as seguintes funcións:

  1. Colaboración e coordinación coa Comisión Nacional da Competencia da Administración Xeral do Estado (CNC) e cos Xulgados do Mercantil, nos procedementos de aplicación da lexislación de competencia.
  2. Elaboración de informes en materia de control de axudas públicas.
  3. Funcións de arbitraxe que lle soliciten os operadores.
  4. Funcións consultivas sobre cuestións relacionadas coa defensa da competencia, a instancia das Administracións Públicas ou das asociación de empresarios ou de consumidores.
  5. Función de promoción da competencia efectiva nos mercados da Comunidade Autónoma de Galicia mediante la elaboración de informes xerais sobre a competencia ou sobre determinados sectores económicos e o seguimentos dos efectos sobre os mercados das actuacións públicas, emitindo -no seu caso- propostas normativas para a remoción dos obstáculos para a competencia derivados da actuación pública.
  6. Función de asesoramento e representación.

 

Órganos da Comisión Galega da Competencia*

A Presidencia

D. Ignacio López-Chaves Castro

O Pleno

Presidente

D. Ignacio López-Chaves Castro

Vocais

Dª Mª Teresa Cancelo Márquez

D. Daniel Neira Barral

A Subdirección Xeral de Investigación

D. José Antonio Rodríguez Míguez

*Artigo 27 do Decreto 118/2016, do 4 de agosto, polo que se crea o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e se aproban os seus estatutos.