O presidente e vogais da Comisión Galega da Competencia (CGC) asistiron á reunión anual do Consello de Defensa da Competencia.

O Presidente da Comisión Galega da Competencia, CGC, D. Ignacio López-Chaves Castro, interveu durante as XVI Xornadas Nacionais de defensa da competencia organizadas pola Autoridade Catalana da Competencia- ACCO-. Trátase dunha cita anual onde se reúnen autoridades de competencia de todas as comunidades autónomas e a CNMC e se ofrecen relatorios e mesas redondas sobre ámbitos de actualidade.

A subdirección de investigación da Comisión Galega da Competencia (CGC) incoou expediente sancionador por posibles condutas relacionadas con prácticas anticompetitivas no marco do procedemento de contratación pública (Expediente 1A- 2021-TE), as cales poderían constituír unha infracción á Lei 15/2007, de defensa da competencia.

D. Ignacio López-Chaves Castro participou, na sede da CNMC de Madrid, nas xornadas "Revisión xudicial da aplicación pública da defensa da competencia", organizadas pola CNMC en cooperación co Centro de Política e Regulación (CPR) do Real Instituto Univ. de Estudos Europeos - CEU San Pablo da Universidade CEU San Pablo e a Asociacion Española para a Defensa da Competencia(AEDC)

A Comisión Galega da Competencia organizou coa EGAP (Escuela Gallega de Administración Pública) o 13 de xuño xornada sobre o procedemento do artigo 150 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público.


No apartado "documentos" tes enlace a "Guía dos procedementos para a notificación de indicios de prácticas colusorias na contratación pública"

No apartado "documentos" tes enlace o "programa da xornada"

No apartado "ligazóns" tes acceso a matricula gratuita da xornada.


O presidente da Comisión Galega da Competencia (CGC) D. Ignacio López-Chaves Castro, acompañado polos membros do pleno da CGC, reuniuse na sede da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia en Madrid (CNMC) con motivo da reunión do Consello de Defensa da Competencia, que agrupa a representantes das comunidades autónomas e a membros da Administración Xeral do Estado e da CNMC.

O Presidente da Comisión Galega da Competencia, CGC, D. Ignacio López-Chaves Castro, interveu durante as XV Xornadas Nacionais de defensa da competencia. A Autoridade Vasca da Competencia organizou as XV Xornadas Nacionais en colaboración coa CNMC. Trátase dunha cita anual onde se reúnen autoridades de competencia de todas as comunidades autónomas, onde se ofrecen relatorios e mesas redondas sobre ámbitos de actualidade, como o impacto do Dereito da Competencia no ámbito deportivo, o sector enerxético e o agroalimentario ou a innovación en métodos para detectar cárteles de oficio.

A Comisión Galega da Competencia incoa expediente sancionador contra sete funerarias, por condutas que poderían supoñer unha infracción da Lei de Defensa da Competencia. Ábrese agora un prazo máximo de 24 meses para a súa instrución e resolución.

A Comisión Galega da Competencia asiste o Grupo Intergubernamental de Expertos en Dereito e Política da Competencia da UNCTAD (organismo intergubernamental permanente creado pola Asamblea Xeral das Nacions Unidas no 1964), súa 22º período de sesiones.

Cada ano, este grupo intergobernamental de expertos reúnese para discutir formas de mellorar a cooperación na implementación da política de competencia e mellorar a converxencia a través do diálogo.