A Subdirección de Investigación da Comisión Galega da Competencia, integrada no Instituto Galego de Consumo e da Competencia incoou expediente sancionador contra a empresa ARRIVA NOROESTE, SL pola presunta realización de prácticas prohibidas pola Lei 15/2007, de 3 de xullo, de defensa da competencia. A práctica cuestionada desde a perspectiva da competencia é a posible existencia de prácticas anticompetitivas con motivo de la licitación do contrato de xestión do servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada denominado XG-533 “A Mariña, Viveiro, Ribadeo, con anexos", que formaba parte dunha anterior concesión da que ARRIVA NOROESTE, SL era a concesionaria.

O presente expediente ten a súa orixe na comunicación efectuada pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestructuras e Vivenda da Xunta de Galicia, en virtude da resolución ditada polo Director Xeral de Movilidade, de data 5 de febreiro de 2018, adoptada ao abeiro do Artigo 23.3 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.

A incoación do presente expediente non prexulga o resultado final da investigación. Ábrese agora un período máximo de 18 meses para a instrución do expediente e para a súa resolución pola Comisión Galega da Competencia.