A Subdirección Xeral de Investigación da Comisión Galega da Competencia (SUBDIC) amplía o acordo de incoación do expediente sancionador do 23 de outubro de 2023 incorporando ao mesmo as concretas empresas que conforman as unións temporais coa que Alsa Grupo, S.L. e Grupo Monbus licitaron conxuntamente aos lotes XG-802, XG-817, XG-848, XC-871 e XG-881 do Expediente 1/2020 DXM.
A incoación dun expediente sancionador non prexulga o resultado final da investigación. Ábrese agora un prazo de 24 meses, contados dende a data do acordo de incoación do 23 de outubro de 2023, para a instrución do expediente e a súa resolución polo Pleno da Comisión Galega da Competencia.