O presidente da Comisión Galega da Competencia (CGC) D. Ignacio López-Chaves Castro, acompañado polos membros do pleno da CGC, reuniuse na sede da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia en Madrid (CNMC) con motivo da reunión do Consello de Defensa da Competencia, que agrupa a representantes das comunidades autónomas e a membros da Administración Xeral do Estado e da CNMC.
Participaron na xornada o Ministerio de Economía, Comercio e Empresa, o Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible, o Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, e representantes de todas as comunidades autónomas con atribucións en materia de defensa da competencia.
O Consello de Defensa da Competencia ten como misión principal promover a aplicación uniforme da normativa de competencia e reúne aos representantes de todas as administracións que velan e promoven a competencia nos mercados e facilita a colaboración e o intercambio de información recíproca entre elas.
A xornada centrouse na análise da actividade en materia de defensa da competencia na CNMC e as comunidades autónomas durante 2024, repaso de novidades normativas e jurisprudenciales ademais da exposición das conclusións elaboradas polos distintos grupos de traballo.