A xornada celebrouse o 23 de outubro no porto de Vigo e durante a mesma Jan Hoffman, Head of Trade Logistics Branch da UNCTAD presentou o Informe anual sobre transporte marítimo.

Tratáronse temas como as novas tendencias na xestión portuaria, os problemas de competencia no transporte marítimo: concentración integración vertical e alianzas e a sustentabilidade do transporte marítimo, contando coa intervención de representantes de Portos do Estado, da Autoridade Portuaria de Vigo, da Comisión Galega da Competencia e académicos especialistas no tema. Gran expectación tivo o debate sobre competencia e transporte marítimo que moderou Juan Luis Crucelegui Garate, Chief Capacity Building and Advisory Services Competition and Consumer Policies Branch da UNCTAD e no que participaron Jaime García-Mauriño. CEO de Altius SA  e Conselleiro de Terminais Marítimas de Vigo (Termavi SA) e Xoan Martínez Reboredo. Presidente Clúster Loxística de Galicia. O Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo tamén interveu na Xornada. Os representantes da UNCTAD visitaron o porto de Vigo e reuníronse co seu persoal directivo e operadores.