A COMISIÓN GALEGA DA COMPETENCIA INCOA EXPEDIENTE S/2025 “UNIÓNS TEMPORAIS DE EMPRESAS (UTE´s) TRANSPORTE ESCOLAR”

A subdirección de investigación da Comisión Galega da Competencia (CGC) incoou expediente sancionador por posibles condutas relacionadas con prácticas anticompetitivas no marco do procedemento de contratación pública (Expediente 1A- 2021-TE), as cales poderían constituír unha infracción á Lei 15/2007, de defensa da competencia.