En cumprimento da sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en data 10 de marzo de 2023, e do Auto ditado pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo o 4 de outubro do 2023, a Subdirección Xeral de Investigación da Comisión Galega da Competencia acordou incoar un expediente sancionador contra Alsa Grupo, S.L. e Grupo Monbús polas súas condutas no desenvolvemento da licitación pública, efectuada pola Xunta de Galicia, para a concesión do servizo público de transporte, denominada “Contrato de concesión do Servizo Público de Transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada (Lotes XG-800 a XG-891), Expediente 1/2020 DXM”.

A incoación dun expediente sancionador non prexulga o resultado final da investigación. Ábrese agora un prazo máximo de 24 meses para a instrución do expediente e a súa resolución polo Pleno da Comisión Galega da Competencia.