A Comisión Galega da Competencia incoa expediente sancionador por presuntas prácticas abusivas realizadas en diversas instalacións funerarias que se xestionan en varios concellos da Provincia de Pontevedra, entre outros, no Concello de Poio

A Comisión Galega da Competencia incoa expediente sancionador pola posible existencia dunha conduta colusoria, pola presunta práctica prohibida pola Lei 15/2007, do 3 de xullo, de Defensa da Competencia (LDC), por parte das mercantís TANATORIO DE POIO, SL. e SEPELIOS SAN MARCOS, SL.

Santiago de Compostela, 03 de febreiro de 2021.

- O CGC incoou expediente sancionador contra TANATORIO DE POIO, SL. e SEPELIOS SAN MARCOS, SL. por condutas que poderían supoñer unha infracción da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de Defensa da Competencia (LDC). Ábrese agora un prazo máximo de 18 meses para a súa instrución e resolución.

A Subdirección Xeral de Investigación da Comisión Galega da Competencia (SUBDIC), tras a realización da información confidencial IR 6/2020, incoada en virtude da denuncia presentada pola mesa de contratación encargada de resolver a licitación de rehabilitación da Oficina Central de Emprego de Lugo, resolveu incoar expediente sancionador contra as citadas empresas por apreciar a existencia de indicios razoables dunha posible conduta prohibida pola Lei 15/2007, do 3 de xullo, de Defensa da Competencia.

A incoación dun expediente sancionador non prexulga o resultado final da investigación. Ábrese agora un prazo máximo de 18 meses para a instrución do expediente e a súa resolución polo Pleno da Comisión Galega da Competencia.

A Comisión Galega da Competencia

A Comisión Galega da Competencia está, de conformidade co artigo 39 do 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público e co artigo 26 do Decreto 118/2016, do 4 de agosto, polo que se crea o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e se aproban os seus estatutos., o órgano colexiado independente, adscrito ao Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), que se encarga da aplicación na comunidade autónoma de Galicia da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de Defensa da Competencia, segundo os criterios establecidos pola Lei 1/2002, do 21 de febreiro, de coordinación das competencias do Estado e das Comunidades Autónomas en materia de Defensa da Competencia. A súa finalidade é promover, garantir e mellorar as condicións de libre competencia e transparencia no mercado, respecto das actividades económicas que se exerzan no eido territorial de Galicia.