A Comisión Galega da Competencia (CGC) é un órgano colexiado independente encargado da aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia (LDC). Entre as funcións da CGC, de acordo co artigo 26 2 g) do Decreto 118/2016, do 4 de agosto, atópase a de vixiar o funcionamento competitivo dos mercados para garantir os niveis de competencia efectiva nos mesmos en beneficio das persoas consumidoras e usuarias de Galicia.
A CGC na súa reunión do 15 de abril deste ano acordou adoptar medidas para vixiar que a actual situación de crise orixinada polo COVID-19 poidan xerar comportamentos ilícitos desde o punto de vista do dereito da competencia, con dano para as persoas consumidoras, usuarios e os mercados, xa se traten de acordos colusorios do artigo 1 LDC, xa de abusos de posición de dominio do artigo 2 LDC, xa de falseamento da competencia por actos desleais, nos termos e condicións do artigo 3.
As persoas interesadas poderán poñer en coñecemento da Comisión Galega da Competencia (CGC) a través do seu correo electrónico informacion [at] consellogalegodacompetencia.es calquera información relevante nesta materia.