O presidente e vogais da Comisión Galega da Competencia (CGC) asistiron á reunión anual do Consello de Defensa da Competencia. Este órgano agrupa a representantes das Comunidades Autónomas con competencias en materia de defensa da competencia e membros da Administración Xeral do Estado e da CNMC. Na xornada participou, ademais da CGC e a CNMC, o Ministerio de Economía, Comercio e Empresa, o Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, o Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática e o Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, e representantes de todas as Comunidades Autónomas con atribucións en materia da Competencia.
O Consello de Defensa da Competencia é o órgano de colaboración, coordinación e información recíproca entre o Estado e as Comunidades Autónomas para promover a aplicación uniforme da lexislación de competencia.