O Proxecto “Municipios e Competencia” no que participa a Comisión Galega da Competencia premiado pola International Competition Network (ICN) e o Banco Mundial (BM)

A ICN e o BM premiaron a iniciativa “Municipios e Competencia” pola súa contribución para mellorar a comunicación cos actores locais e promover o interese pola competencia a nivel municipal. A entrega do premio foi realizada no marco do 2023 ICN-WB Competition Advocacy Contest á presidenta da CNMC.