Prórroga de concesións

As concesións son xeralmente contratos de longa duración e contías elevadas que presentan potenciais restricións á competencia por canto supoñen un peche do mercado para posibles novos entrantes. Tanto a duración inicial como a posible utilización de prórrogas das devanditas concesións debe estar debidamente xustificadas pola Administración contratante, argumentando as razóns para a súa posta en práctica fronte a outros sistemas menos restritivos da competencia.

A Comisión Galega da Competencia (CGC) elaborou un documento de traballo centrado especialmente nas prórrogas das concesións dos servizos públicos en tres ámbitos de actividade: abastecemento/tratamento de augas, residuos sólidos urbanos e transporte urbano de viaxeiros. Co mesmo preténdese analizar os principais retos das devanditas prórrogas e realizar no seu caso recomendacións para unha utilización máis eficiente das mesmas.

EN LIGAZÓNS: VÍDEO DA XORNADA, INFORMACIÓN, PROGRAMA E INSCRIPCIÓNS