O Presidente da Comisión Galega da Competencia, CGC, D. Ignacio López-Chaves Castro, interveu durante as XV Xornadas Nacionais de defensa da competencia. A Autoridade Vasca da Competencia organizou as XV Xornadas Nacionais en colaboración coa CNMC. Trátase dunha cita anual onde se reúnen autoridades de competencia de todas as comunidades autónomas, onde se ofrecen relatorios e mesas redondas sobre ámbitos de actualidade, como o impacto do Dereito da Competencia no ámbito deportivo, o sector enerxético e o agroalimentario ou a innovación en métodos para detectar cárteles de oficio.