O Presidente da Comisión Galega da Competencia, CGC, D. Ignacio López-Chaves Castro, interveu durante as XVI Xornadas Nacionais de defensa da competencia organizadas pola Autoridade Catalana da Competencia- ACCO-. Trátase dunha cita anual onde se reúnen autoridades de competencia de todas as comunidades autónomas e a CNMC e se ofrecen relatorios e mesas redondas sobre ámbitos de actualidade. Este evento reúne cada ano a profesionais, representantes institucionais, persoas expertas en regulación e autoridades de defensa da competencia co obxectivo de compartir coñecemento, experiencias e boas prácticas.
ver programa2.55 MB