A Comisión Galega da Competencia (CGC) tramita e resolve os procedementos sancionadores establecidos na Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia (LDC), pola realización de condutas restritivas da competencia.
De acordo co artigo 49 da LDC, calquera persoa física ou xurídica, interesada ou non, pode presentar ante a CGC unha denuncia das condutas infractoras establecidas nos artigos 1, 2 e 3 da Lei.
Como realizar o trámite
- Descargue o formulario de denuncia e rechéeo.
- Presente o formulario:
- Sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal/ mediante o procedemento PR004A de solicitude xenérica, indicando o destinatario: Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
- Se é persoa física pode optar pola presentación presencial en calquera oficina de asistencia en materia de rexistro de calquera administración pública ou nas oficinas de correos.
As consultas relativas á presentación e o contido da denuncia poden dirixirse a investigaci%C3%B3n.cgc [at] xunta.gal (investigación[dot]cgc[at]xunta[dot]gal) ou clamando ao número de teléfono 981 957 566.
Formulario765.59 KB