O Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, establece na súa Disposición Adicional 3ª a suspensión de termos e a interrupción de prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público.

“1. Suspéndense  termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reanudarase no momento en que perda vixencia o presente Real Decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.

2. A suspensión de termos e a interrupción de prazos aplicarase a todo o sector público definido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas”.

Non obstante, en caso de que o interesado o solicite, pódese acordar que non se suspenda un determinado prazo e adoptar as medidas oportunas co fin de evitar prexuízos graves nos dereitos e intereses lexítimos dos administrados.

Polo que os prazos de prescrición e caducidade de calquera acción e dereito que darán suspendidos durante o prazo de vixencia do estado de alarma e, no seu caso, das súas prórrogas.

A CGC continuará coa súa actividade na medida en que resulte compatible co estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo. O Pleno da CGC, celebrado de forma telemática o día 26 de marzo, así o acordou.