A Sección 003 da Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou a Resolución  R 3/2019, do 27 de xuño, Licitación servizo de salvamento e socorrismo pronunciada pola Comisión Galega da Competencia ( CGC) ao desestimar tres  recursos contenciosos acumulados presentados contra a mesma.

 

Dita Resolución declarou acreditada a existencia dunha infracción do artigo 1 da Lei de Defensa da Competencia consistente nun cártel que se articulou a través da coordinación entre dúas entidades para presentarse a unha licitación do Concello da Coruña e declarou responsables da esta infracción á Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia e á mercantil  Top  Rescue  S. L. impoñendo  unha multa de 15.232,9 eurosá Federación de Salvamento de Socorrismo de Galicia e outra de 11.567,71 euros  a  Top Rescue  S. L.

Así mesmo impúxose á representante de ambas as entidades (presidenta da FESSGA e propietaria e administradora única de Top Rescue  S. L.) unha multa de 15.000 euros.

 

Nesta resolución a CGC impoñía por primeira vez unha sanción persoal ao representante legal dunha persoa xurídica.