A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de 26 de novembro de 2021 confirma a Resolución da CGC 4/2020 – LICITACIÓN TRANSPORTE ESCOLAR e a sanción nela imposta.

A Sección 003 da Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou a Resolución da CGC 4/2020 – LICITACIÓN TRANSPORTE ESCOLAR aprobada pola Comisión Galega da Competencia (CGC) ao desestimar o recurso contencioso presentado pola empresa AUTOS MORAN S.L. contra a mesma.

 

Dita Resolución declarou acreditada a existencia dunha infracción do artigo 1 da Lei de Defensa da Competencia consistente na colusión polas empresas MURALLA BUS S.L. AUTOCARES DARRIBA, S.L. (que non presentaron recurso contencioso administrativo) e AUTOS MORÁN S.L, nun contrato público, concretamente no Expediente de contratación pública do servizo de realización das rutas de transporte escolar a varios centros de ensinanza pública das provincias de A Coruña, Lugo e Ourense para o curso escolar 2018/2019 (Expediente 1A/2018/TE, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta de Galicia). Dita conduta prohibida se tipifica, aos efectos da determinación da sanción, como infracción moi grave, do artigo 62.1 letra a) LDC.

Nesta Resolución foi imposta a AUTOS MORAN S.L. unha sanción de 100.044,67 euros que foi conformada polo Tribunal.

Ademais, na Resolución acordouse, de conformidade co art. 33.2 b) do Decreto 118/2016, do 4 de agosto, polo que se crea o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e se aproban os seus estatutos, co art. 72.2 da LCSP e o art. 53.2.b) da LDC, o establecemento da prohibición de contratar ás empresas MURALLA BUS S.L., AUTOCARES DARRIBA, S.L., e AUTOS MORÁN S.L no que respecta ás licitacións convocadas pola Xunta de Galicia relativas a os servizos de transporte regular de viaxeiros de uso especial (escolar) no ámbito da provincia de Lugo cunha duración de 3 meses.