O CGC incoou expediente sancionador contra Interface Online, S.L. e Século XXI Consultores de Formación, S.L., por condutas que poderían supoñer unha infracción da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de Defensa da Competencia (LDC). Ábrese agora un prazo máximo de 18 meses para a súa instrución e resolución.

Prórroga de concesións

As concesións son xeralmente contratos de longa duración e contías elevadas que presentan potenciais restricións á competencia por canto supoñen un peche do mercado para posibles novos entrantes. Tanto a duración inicial como a posible utilización de prórrogas das devanditas concesións debe estar debidamente xustificadas pola Administración contratante, argumentando as razóns para a súa posta en práctica fronte a outros sistemas menos restritivos da competencia.

A Comisión Galega da Competencia incoa expediente sancionador ás empresas que participaron nunha licitación de rehabilitación da Oficina Central de Emprego de Lugo.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2022.

- O CGC incoou expediente sancionador contra OBRAS Y SERVICIOS GOMEZ CRESPO, S.L.; e a Unión Temporal de Empresas (UTE), “UTE PRADO LAMEIRO S.L. - ATCON S.L.” por condutas que poderían supoñer unha infracción da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de Defensa da Competencia (LDC). Ábrese agora un prazo máximo de 18 meses para a súa instrución e resolución.

A Comisión Galega da Competencia incoa expediente sancionador ás empresas que participaron nunha licitación do Consorcio da Zona Franca de Vigo.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2022.

- O CGC incoou expediente sancionador contra ACINSER INTEGRAL, SL; AVAN INTEGRAL, SL; CIVIS GLOBAL, SL;LIGHTVIPROM, SL;UNION VANTAXE, SL; GEVORA CONSTRUCCIONES, SA e OBRASCON HUARTE LAIN, SA por condutas que poderían supoñer unha infracción da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de Defensa da Competencia (LDC). Ábrese agora un prazo máximo de 18 meses para a súa instrución e resolución.

La Comisión Gallega de la Competencia incoa expediente sancionador contra las empresas que concurrieron a una licitación del Consorcio de la Zona Franca de Vigo.

Santiago de Compostela, 11 de febrero de 2022.

A Comisión Galega da Competencia incoa expediente sancionador ás empresas que participaron nunha licitación da Axencia para a Modernización  Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), nomeada «Expediente 2017/ PA/0041 Servizo Evolución Funcional do Sistema eFidelius», pola posible existencia dunha conduta colusoria, pola presunta práctica prohibida pola Lei 15/2007, do 3 de xullo, de Defensa da Competencia ( LDC), por parte das mercantís CORE GRID, SL. e VITEL, SA.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2022.