Novas e comunicacións
A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de 26 de novembro de 2021 confirma a Resolución da CGC 4/2020 – LICITACIÓN TRANSPORTE ESCOLAR e a sanción nela imposta.
A Sección 003 da Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou a Resolución da CGC 4/2020 – LICITACIÓN TRANSPORTE ESCOLAR aprobada pola Comisión Galega da Competencia (CGC) ao desestimar o recurso contencioso presentado pola empresa AUTOS MORAN S.L. contra a mesma.
A Comisión Galega da Competencia ( CGC) dita Resolución en relación con Expediente S-8/2019 Licitación Universidade de Vigo, referente a irregularidades no procedemento de adxudicación correspondente ao servizo de limpeza respectuoso co medioambiente e coa seguridade e saúde laboral en distintos centros da Universidade de Vigo
A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de 5 de novembro de 2021 confirma a Resolución da CGC 3/2020 Arriva Noroeste SL (na actualidade Arriva Galicia S.L.) e a sanción imposta
Unha vez culminada a Fase I de actualización da Guía sobre contratación pública e competencia, a CNMC está centrada na Fase II da actualización da citada Guía.
Nesta fase analizará, dende a perspectiva da promoción da competencia, a utilización das figuras coma os convenios e os encargos a medios propios, en canto alternativas os procesos de aprovisionamento de bens e servizos que poidan distorsionar a competencia efetiva
A Sección 003 da Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou a Resolución R 3/2019, do 27 de xuño, Licitación servizo de salvamento e socorrismo pronunciada pola Comisión Galega da Competencia ( CGC) ao desestimar tres recursos contenciosos acumulados presentados contra a mesma.
O Pleno da Comisión Galega da Competencia, (CGC) dita Resolución en relación co expediente VATC5/2016 ARQUITECTOS DE GALICIA, cuxo obxeto é a vixilancia da Resolución 9/2019, ARQUITECTOS DE GALICIA
A CGC incoa expediente sancionador contra duas empresas suministradoras da USC e os seus respectivos administradores únicos
A Comisión Galega da Competencia incoa expediente sancionador ás empresas que participaron nunha licitación de contratación, mediante procedemento negociado sen publicidade, para adquisición dun equipo para a realización de unións finger-joint para madeira estrutural e equipos auxiliares con destino ao Laboratorio da Plataforma de Enxeñaría de Madeira Estrutural (PEMADE). Expediente 2019/CSUA1/000010 da Universidade de Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2021.
A Comisión Galega da Competencia incoa expediente sancionador pola posible existencia dunha conduta colusoria, pola presunta práctica prohibida pola Lei 15/2007, do 3 de xullo, de Defensa da Competencia (LDC), por parte das mercantís TANATORIO DE POIO, SL. e SEPELIOS SAN MARCOS, SL.
Santiago de Compostela, 03 de febreiro de 2021.