Novas e comunicacións
A Comisión Galega dá Competencia (CGC) participa como parte da delegación española na 21ª Reunión do Grupo Intergobernamental de Expertos en Dereito e Política da Competencia, organizada pola Conferencia das Nacións Unidas sobre Comercio e Desenvolvemento (UNCTAD) en Xenebra.
Este grupo intergobernamental de expertos reúnese todos os anos para debater as formas de mellorar a cooperación mundial na implementación de políticas de competencia e promover a converxencia destas políticas mediante o diálogo.
Santiago de Compostela, 3 de maio de 2023
A Comisión Galega da Competencia incoa expediente sancionador contra dúas empresas, por condutas que poderían supoñer unha infracción da Lei 15/2007, do 3 de xullo , de Defensa da Competencia (LDC).
Ábrese agora un prazo máximo de 18 meses para a súa instrución e resolución.
O CGC incoou expediente sancionador contra Interface Online, S.L. e Século XXI Consultores de Formación, S.L., por condutas que poderían supoñer unha infracción da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de Defensa da Competencia (LDC). Ábrese agora un prazo máximo de 18 meses para a súa instrución e resolución.
Prórroga de concesións
As concesións son xeralmente contratos de longa duración e contías elevadas que presentan potenciais restricións á competencia por canto supoñen un peche do mercado para posibles novos entrantes. Tanto a duración inicial como a posible utilización de prórrogas das devanditas concesións debe estar debidamente xustificadas pola Administración contratante, argumentando as razóns para a súa posta en práctica fronte a outros sistemas menos restritivos da competencia.
A Comisión Galega da Competencia incoa expediente sancionador ás empresas que participaron nunha licitación de rehabilitación da Oficina Central de Emprego de Lugo.
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2022.
- O CGC incoou expediente sancionador contra OBRAS Y SERVICIOS GOMEZ CRESPO, S.L.; e a Unión Temporal de Empresas (UTE), “UTE PRADO LAMEIRO S.L. - ATCON S.L.” por condutas que poderían supoñer unha infracción da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de Defensa da Competencia (LDC). Ábrese agora un prazo máximo de 18 meses para a súa instrución e resolución.