O Presidente da CGC, D. Ignacio López-Chaves Castro, foi ponente, o pasado 27 de setembro, no Seminario celebrado na sede do Consello Económico e Social de Galicia, disertando sobre "A utilización da negociación colectiva con fins anticompetitivos"
 

A actividade enmarcase no Proxecto de investigación da Universidade de Vigo, “Retos para un mercado de traballo equitativo, sostible e aberto a competencia no contexto da nova economía e da dixitalización”, no marco das Axudas do Programa de Consolidación e Estructuración de Unidades de Investigación Competitivas 2022

A Subdirección Xeral de Investigación da Comisión Galega da Competencia (SUBDIC) amplía o acordo de incoación do expediente sancionador do 23 de outubro de 2023 incorporando ao mesmo as concretas empresas que conforman as unións temporais coa que Alsa Grupo, S.L. e Grupo Monbus licitaron conxuntamente aos lotes XG-802, XG-817, XG-848, XC-871 e XG-881 do Expediente 1/2020 DXM.

O Presidente da Comisión Galega da Competencia (CGC), D. Ignacio López-Chaves Castro, participou no Congreso Internacional "Mercados de traballo equitativos e abertos á competencia" e na "IX Xornada Anual da Rede Académica de Defensa da Competencia" (RADC) que se celebrou na cidade de Vigo os días 6 e 7 de xuño de 2024

O Presidente da Comisión Galega dá Competencia (CGC), D. Ignacio López-Chaves Castro, intervirá no Congreso Internacional “Mercados de traballo equitativos e abertos á competencia” e na IX Xornada Anual da Rede Académica de Defensa da Competencia (RADC) que se celebra na cidade de Vigo, os próximos días 6 e 7 de xuño de 2024.

A ICN e o BM premiaron a iniciativa “Municipios e Competencia” pola súa contribución para mellorar a comunicación cos actores locais e promover o interese pola competencia a nivel municipal. A entrega do premio foi realizada no marco do 2023 ICN-WB Competition Advocacy Contest á presidenta da CNMC. 

En cumprimento da sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en data 10 de marzo de 2023, e do Auto ditado pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo o 4 de outubro do 2023, a Subdirección Xeral de Investigación da Comisión Galega da Competencia acordou incoar un expediente sancionador contra Alsa Grupo, S.L.

A xornada celebrouse o 23 de outubro no porto de Vigo e durante a mesma Jan Hoffman, Head of Trade Logistics Branch da UNCTAD presentou o Informe anual sobre transporte marítimo.

A Comisión Galega dá Competencia (CGC) participa como parte da delegación española na 21ª Reunión do Grupo Intergobernamental de Expertos en Dereito e Política da Competencia, organizada pola Conferencia das Nacións Unidas sobre Comercio e Desenvolvemento (UNCTAD) en Xenebra.
Este grupo intergobernamental de expertos reúnese todos os anos para debater as formas de mellorar a cooperación mundial na implementación de políticas de competencia e promover a converxencia destas políticas mediante o diálogo.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2023

A Comisión Galega da Competencia incoa expediente sancionador contra dúas empresas, por condutas que poderían supoñer unha infracción da Lei 15/2007, do 3 de xullo , de Defensa da Competencia (LDC).

Ábrese agora un prazo máximo de 18 meses para a súa instrución e resolución.